Os dous de sempre, Castelao
Os dous de sempre, Castelao
Dous vellos que tamén tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo se casaron por amor e que viviron amándose tolamente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchío dun xílgaro engaiolado. Sen fillos e sen amistades. Soios.
Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. A compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz.
Hoxe entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta da casa e, coa voz amorosa dos días de mocedade, despideuse do seu compañeiro:
-¡Deica logo, Eleuteiro!
E os veciños que acudiran ó espeutáculo taparónse as bocas e riron cos ventres. A despedida da vella foi rolando e chegou ó casino, e o “deica logo Eleuterio” xa se convirteu en motivo de risa.
Todos, todos, se riron e ninguén se decata con que delor a vella namorada chamará pola morte nesta noite de inverno.
0 “Rifante” era un mariñeiro que ganaba pesos que na súa bulsa gardábanse talmente como auga nunha peneira. En terra o Rifante non tiña caletre ningún; en canto poñía pé no seu barco, trocábase nun sabio. Tiña moitos fillos e moitos netos e todos a gastar a barullo porque o mar daba para todo.
Ninguén lle negou o creto de bo patrón e de bo cristiano que tiña; mais ás veces parecía ter tratos co demo. Habían de larga-lo aparello outros mariñeiros e non habían de coller ren; chegaba o “Rifante” e collía unha fartura de peixe.
0 “Rifante” era farturento de seu. Estando a pique de morrer afogado ofreceuse a Nosa Señora e regaloulle un manto de seis mil reás, ademais da misa cantada, música, foguetes, traxes novos e comida a fartar.
0 “Rifante” tiña fe na súa fada. Unha vez enfermouse e fixo de patrón o fillo máis vello. En canto volveu do mar, o fillo achegouse ó leito do pai e tatexando de medo contoulle que o aparello quedara trabado nunhas pedras. 0 “Rifante” dixo simplemente: “Non teñas medo, Ramón; o mar levouno, o mar dará para outro”. E despois calou e virouse cara á parede.
¡Que confianza tiña o “Rifante” no mar!
Pero tanta fartura minguou de súpeto e a farne foi entrando en tódolos fogares. Tal aconteceu cando as traíñas mataron o xeito.
0 “Rifante” apareceu un día diante do meu pai, amigo seu dende nenos e ademais conselleiro.
-¿Sabes unha cousa? -dixo-. Hai fame, ¡fame!, na casa do “Rifante”. Ti xa sabes que nunca pedín nada a ninguén; mais agora veño petar na túa porta para que me emprestes mil reás. Quero botarlle un balcón novo á miña casa, ¿sabes?, e así a xente que vexa que ando en obra non pensará que os meus non teñen que levar á boca.
Meu pai, que percorreu moito mundo, aseguroulle que a fame cúrase con pan; rnais o “Rifante” púxose teso e volveu a falar.
-A vergonza é pior que a fame.
E seguro meu pai de non convencer en terra a un home que somentes ten intelixencia no mar, abreu a gabeta e colleu mil reás; pero o “Rifante” atallouno:
-Non, agora non mos deas; xa virei por eles.
Na noite daquel día velaí se sinteu unha tropa na nosa casa. Era o “Rifante” que viña coa muller, os fillos, os xenros, as noras e os netos; todos en procura dos mil reás.
A patulea do “Rifante” encheu a casa toda e daba medo pensar cómo formarían roda demandando pan ó seu Patriarca.
0 “Rifante”, coa gorra encachada até as orellas, pideulle os cartos a meu pai e, ó recibilos das súas mans, descubreuse relixiosamente e, amostrándollos a todos, dixo con solenidade:
-Miña muller e meus fillos, se morro, xa sabedes que se lle deben cincoenta pesos a iste horne.
E sen decir outra verba, tapou a cabeza e foise diante de todos, escaleira abaixo
Balbino, Isaac Díaz Pardo
-Aos señoritos non lles gusta a choiva
-Pero gústanlles as patacas…
Celso Emilio Ferreiro e Basilio Losada (Xornadas de Confraternización Galaico-Catalanas no Ateneu Barcelonès, 1965)
Reunión do Consello da editorial Galaxia: Ramón Piñeiro, Xaime Illa Couto e Francisco Fernández del Riego na cabeceira da mesa
Festas Minervais 1956
De esquerda a dereita (detrás): Gonzalo Rodríguez Mourullo, Ánxel Blanco Losada, Xosé Filgueira Valverde, Luís Miguel Bugallo Paz, Xaquín Villar Calvo, Xosé Manuel López Nogueira, Fernando Pérez-Barreiro Noia, Xosé Luís Franco Grande, Dolarea Calvar, Xosé Luís Méndez Ferrín. (Diante) Rosario Salgado (Raíña das Festas Minervais dese ano), Ramón Lourenzo e ?.
Grupo Brais Pinto (1959)
De esquerda a dereita (de pé): Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Bautista Álvarez, Aleixandre Cribeiro; (sentados) Xosé Fernández Ferreiro, Reimundo Patiño, César Arias, Ramón Lourenzo, Ben-Cho-Sey e Herminio Barreiro.
Na parede aparece unha das primeiras litografías de Reimundo Patiño.
Estás como caída,
depresión ou lobos azuis e lonxe esfragándose antigos.
Estás, amor, perdida,
ledamente ensarillada en ti, ledamente
acompasada á morte que se achega con tatuaxes de festa.
Estás, oh, castiñeiro de vran,
cobexando tropas de saltóns e chuchameles murchos.
Estás de ventre aberto
e unha procesión de agres berros, bolboretas,
arrótanche as entrañas e os adentros sen luz.
Estás, fuxinte,
eiquí e non estás porque sábe-la arte
de seres simultánea e agallopar cos ollos os teus trigos nativos,
poderosamente ateigada de sol e de mapoulas.
Estás en min, coma quen ten, sen nome,
un melro ou un fouciño para conqueri-los días
nos que ti non estás, nos que ti non estás, nos que ti non estás.
X.L. Méndez Ferrín
Celso Emilio Ferreiro e Basilio Losada, Venecia.
Uxío Novoneyra na Feira do Libro de Compostela, 2 de maio de 1987.
Les amours d’antan, Georges Brassens.
“… E quíxenvos moi escasamente a todas
porque nas regandixas de eu caben ourizos e sofir é amor
e nada para o tempo que destrue os ourizos.
[…]
Quíxenvos lenemente, e mesmamente fúchedes
capaces da captura dun anaco de sombra de min,
e fiquei menos…”
X. L. Méndez Ferrín